Exposición "Marionetas do Mundo da Colección Viravolta" nos escapartates do comercio local do 19 de xullo ao 18 de agosto.
Xogo "Á procura de Lupe"
Percorre os comercios de Rianxo, descubre as "Marionetas do Mundo da Colección Viravolta" e participa no xogo "Á procura de Lupe" para entrar nun sorteo de produtos locais e camisetas do Festival Titiriberia 2027.
Lupe é a mestra de cerimonias do Festival Titiriberia. É moi pequea e gosta de xogar ás agachadas. Saiu coñecer as marionetas do mundo e agora non damos con ela. Percorre os escaparates de Rianxo e axúdanos a atopala.
Este ano está agochada entre os títeres que veñen de diferentes partes do mundo da man da compañía Viravolta.
Se descobres o seu agocho en, cando menos, oito dos comercios poderás entrar no sorte dun lote de produtos e a camiseta do Festival Titiriberia 2024.
Esta actividade desenvolvese en colaboración coa Asociación Morreu o Demo.